concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

30 de Outubro, 2017

Fotografías da saída socioeductiva a Porto e Aveiro, 20, 21 e 22 de outubro

Programa Envellecemento activo

 

Aquí vos deixamos unhas fotografías da viaxe do fin de semana do 20, 21 e 22 outubro.

Máis de 40 persoas participantes no proxecto de envellecemento activo foron á saída socioeducativa de fin de semana a Porto e Aveiro.

O envellecemento activo no Concello de Berogndo ten como obxectivo a realización ao longo do ano dun conxunto de actuacións de carácter socioeducativo, preventivo e de promoción social no tempo de lecer dirixidas a persoas maiores de 55 anos.

Con independencia da idade das persoas, o lecer garante unha oportuna e necesaria adaptación ao acelerado cambio social do noso tempo. Xurdiron novos valores e formas de envellecer e moitos dos estereotipos que acompañan a esta etapa vital van quedando atrás, Quen hoxe se xubila ten por diante unha longa esperanza de vida. Libres de obrigas e labores, estas novas xeracións xa non quedan na casa; acceden ás variadas ofertas socioeducativas e culturais.

Un exercicio intelectual e activo continuado proporciona un maior desenvolvemento vital, ofrece novas oportunidades de interacción social e contribúe a favorecer a independencia e autonomía. Está na nosa man que envellecemento activo e aprendizaxe ao longo da vida sexan conceptos semellantes.


Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal