concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

26 de Maio, 2017

Fontes naturais no concello de Bergondo

Sinalización sanitaria

 

Bergondo chequeou e colocou recentemente sinais informativas en 41 fontes naturais.

As fontes naturais de Bergondo estrearon sinalización. O concello acometeu un proxecto de análisis da calidade da auga dun total de 41 manantiais, co obxecto de coñecer o seu estado e ofrecer información ós veciños e usuarios.

Destas 41 fontes analizadas, 18 presentaron un bo resultado. Seguindo as instruccións do decreto 140/2003, ó non proceder a auga da traída nin contar cun tratamento de potabilización, deben contar coa calificación tipificada como “auga sen garantía sanitaria”.

As restantes 23 presentaron unha analítica peor polo que obteñen a calificación de “auga non apta para o consumo humano”.

O primeiro tenente de alcalde e responsable de Medio Ambiente, Juan Fariña, avanza que haberá un control anual por parte do concello para verificar que se manteñen estas condicións. A idea é que os usuarios coñezan a situación de cada fonte segundo o que marca a normativa.

Ademáis, nos últimos meses, tamén se levaron a cabo traballos de limpeza e acondicionamento para recuperar os accesos a algunhas das fontes e lavadoiros, que en varios casos resultaba imposible.

Foron casos como os da Fonte da Coruxa, en Cangas, a das Leiras, O Casal, Aldea de Arriba, entre outras….

Trátase de conservar en boas condicións unha parte do patrimonio de Bergondo.


Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal