concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

09 de Novembro, 2017

Concurso de guións contra a violencia de xénero

Deputación da Coruña

 

Dende a Deputación Provincial da Coruña quérese a través de esta convocatoria, xerar reflexión e conciencia na mocidade  fomentando a súa participación nunha actividade creativa de sensibilización, a través da edición dun guión, dedicado a concienciar a poboación, en xeral, dos motivos polos que debemos xuntar os nosos esforzos para combater a violencia de xénero.

Participantes: Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, que cursen educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou outro tipo de formación análoga, que se presenten individualmente ou preferentemente en grupo (máximo 6 participantes por grupo), supervisados e titorizados por persoal docente do centro público de estudos ao que se adscribe, pertencetes á provincia da Coruña, e apoiados pola Dirección do centro.

Cada participante só poderá presentar un único guión orixinal e inédito, non premiado con anterioridade.

Non poderán participar as persas gañadoras en edicións anteriores.

Formato:  o guión editarase tendo en conta os seguintes criterios:

Identificarese cun título 

Redactarase con formato courier, interlineado sinxelo, aliñado á esquerda con numeración de escenas e páxinas. Máximo 4 páxinas de guión (previsto para unha producción aproximadamente de 3 ou 4 minutos). 

Deberá conter polo menos, as seguintes partes; encabezado de escena, descripción/acción, personaxe, diálogo ( de ser o caso), anotación ou paréntese, transicións, e planos. 

Presentare en papel e en soporte dixital. O guión impreso non poderá  ir asinado co nome, a única referencia será o título. O idioma empregado será o galego, e engadirase a perspectiva de xénero. 

Prazo:  o prazo de admisións de guións ábrese o día seguinte á publicación, das presentes bases no BOP 9 de Novembro e péchase aos 30 días naturais 11 de decembro.

Forma de presentación dos traballos: o guión entregarase en soporte papel e dixital (CD,DVD, lapis de memoria, etc) nun sobre pechado; no exterior indicarase IV Concurso de guións contra a violencia de xénero 2017 e un título como identificador do guión.

Dentro desde sobre irá: 

O guión en soporte papel e dixital (CD, DVD, lapis de memoria, etc) identificado co título. 

Un sobre pechado co título no exterior, e no seu interior a folla de aceptación dos compromisos e autorización de datos de carácter persoal cos datos requiridos. 

Bases:


Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal