concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

04 de Xuño, 2018

Campamentos deportivos Deputación Provincial da Coruña

 

LUGAR: instalacións do Centro Calvo Sotelo, no Concello da Coruña (Rúa Archer Milton Huntington, 24)

INCLÚE: transporte interno, estadía e manutención en residencia, e todo gasto que ocasionen as actividades programadas. 

DATAS: do 8 ao 13 de xullo de 2018 (2.ª quenda). A incorporación será o domingo pola tarde, entre as 18.00 as 19.00 horas, no Centro Calvo Sotelo. O regreso será o venres seguinte, tralo almorzo.

DESTINATARIOS: rapaces/zas  de entre 9 e 14 anos (cumpridos no presente ano), ambas idades incluídas.

COTA: 85 €.

LUGAR E PRAZO DE PREINSCRICIÓN: no teu concello, ata o venres 15 de xuño de 2018, presentando a ficha de preinscrición por rexistro de entrada, preferentemente por vía telemática (Sede electrónica municipal ou o Rexistro Electrónico Común (REC), ou por vía presencial, na oficina do rexistro da Casa do Concello.

PRAZAS DO CONCELLO DE BERGONDO: 3

No caso de recibir máis solicitudes que prazas concedidas, farase un sorteo público, onde terán prioridade:

- Os/as rapaces/zas que non participasen no campamento deportivo da Deputación en edicións anteriores.

- Os/as empadroados/as no Concello de Bergondo.

 

Arquivos:
04_Campamentos_deportivos_2018_-_cartel_280x495.pdf
04_Campamentos_deportivos_2018_-_triptico_A4.pdf

Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal