concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

20 de Novembro, 2018

Axudas da Xunta para acceso ao servizo de banda larga ultrarrápida a autónomos e empresas illadas en zonas do rural galego

 

A Xunta de Galicia vén de abrir unha nova convocatoria de axudas para posibilitar o acceso ao servizo de banda larga ultrarrápida a autónomos e empresas illadas en zonas do rural galego.

Esta liña de axudas, enmarcada no Plan de Banda Larga 2020, conta para cun orzamento inicial de 600.000 euros, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

As empresas e autónomos interesados poderán beneficiarse de subvencións de ata o 100% dos custos necesarios para o acceso a internet de cando menos 30 Mbps , cun máximo de 20.000€ por proxecto. 


Presentación de solicitudes: ata o 31 de xaneiro de 2019.


Para máis información sobre estas axudas pode acceder á seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR604A

ou ben poñerse en contacto coa Oficina de Banda Larga a través da dirección de correo electrónico oficina.bandalarga@xunta.es ou chamando ao 981 95 78 68, en horario de luns a venres  de 9:00 a 15:00h.

 


Arquivos:
2019_Folleto_axudas_empresas_illadas_v2.pdf

Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal