concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

07 de Abril, 2017

Aprobación inicial do padrón actualizado a 31-12-2016 dos usuarios do servizo de subministración de auga potable, do servizo de rede de saneamento e de depuración de augas residuais

Presentación de alegacións ata o 25 de maio

 

 

O Pleno municipal do Concello de Bergondo, na sesión que tivo lugar o 30 de marzo de 2017, aprobou inicialmente o listado do padrón actualizado a 31 de decembro de 2016 dos usuarios do servizo de subministración de auga potable, do servizo de rede de saneamento e de depuración de augas residuais presentado pola concesionaria do servizo, Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia S.A.U., para dar cumprimento ó que establece o prego de cláusulas económico-administrativas que rexe a correspondente concesión administrativa.

De conformidade coa Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola subministración de auga potable, pola acometida á rede xeral de abastecemento e á rede xeral de saneamento, así como pola prestación do servizo de rede de saneamento e de depuración de augas residuais, exponse ó público o dito listado do padrón durante o prazo de 30 días, que contarán a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

As persoas lexitimadas poderán examina-lo expediente nas dependencias da Intervención municipal, durante o período de exposición pública, para que formulen tódalas alegacións que estimen oportunas, que no caso de producirse serán resoltas polo Pleno municipal. No caso de non efectuarse alegacións ou reclamacións o listado do padrón entenderase automaticamente elevado a definitivo.


* Estes listados non se consideran unha fonte de acceso público. Segundo a Lei de Protección de Datos no poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sin o consentimento dos propios afectados.

 


Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal