concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

05 de Maio, 2017

Aprobación inicial da modificación do orzamento de 2017 mediante suplemento de crédito

 

Aprobación inicial da modificación do orzamento de 2017 mediante suplemento de crédito

O Pleno deste Concello, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 27 de abril de 2017, aprobou inicialmente a modificación de créditos núm. 1_SC sobre o orzamento do Concello de Bergondo de 2017, de aprobación de suplemento de créditos, por un importe total de 569.192,60 euros.

En cumprimento da lexislación vixente, o expediente exponse ó público polo prazo de quince días hábiles na Intervención municipal. O devandito prazo comezará a contarse a partir do día seguinte a aquel en que apareza publicado este anuncio no Boletín Oficial da Provincia, a fin de que durante o devandito prazo poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas, as cales deberán ir dirixidas a alcaldesa.

No caso de que non se presenten reclamacións, considerarase a modificación definitivamente aprobada, debéndose publica-lo anuncio da aprobación definitiva co resumo por capítulos.


Prazo de exposición pública: do 8 ó 29 de maio. 

 


Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal