concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

25 de Abril, 2017

Aprobación do listado de abonados e facturación da liquidación da taxa que grava os servizos de abastecemento, saneamento e depuración de augas

Correspondente ó 1º trimestre 2017

 

Prazo de exposición pública do expediente: do 26/04/2017 ó 18/05/2017.

Período voluntario de cobro: do 26/04/2017 ó 25/06/2017. **Ó ser festivo o día 25, o prazo amplíase ata o seguinte día laborable, que é o luns 26 de xuño.


APROBACIÓN DO LISTADO DE ABONADOS E FACTURACIÓN DA LIQUIDACIÓN DA TAXA QUE GRAVA OS SERVIZOS DE ABASTECEMENTO, SANEAMENTO E DEPURACIÓN DE AUGAS DO CONCELLO DE BERGONDO CORRESPONDENTE Ó PRIMEIRO TRIMESTRE DE 2017

ANTECEDENTES

A empresa VIAQUA, Gestión Integral de Augas de Galicia S.A.U. presentou o día 5 de abril de 2017 co número 2785 de rexistro de entrada, o listado de lecturas de consumo dos usuarios dos servizos de abastecemento, saneamento e depuración de augas do Concello de Bergondo, correspondentes ó primeiro trimestre do ano 2017, así como a liquidación da taxa que grava os citados servizos, e o listado de altas e baixas con respecto ó período inmediatamente anterior.

CONSIDERACIÓNS LEGAIS

En uso das facultades que me confire o artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Aproba-lo Padrón das taxas pola prestación do servizo de abastecemento, saneamento e depuración de augas do Concello de Bergondo correspondente ó primeiro trimestre de 2017 e expoñelo ó público mediante edito que se deberá publicar no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Corporación. Esta exposición, por prazo de quince días desde o día seguinte á correspondente publicación no boletín, servirá de notificación colectiva a tódolos contribuíntes, nos termos establecidos no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

2. Aproba-las liquidacións que figuran no citado Padrón dos abonados que constan no expediente do folio número 2 con A. TAIBO S.L. ata o folio número 22 con ZITACUARO 2000 S.L., polo importe global de 202.692,67 € (178.772,01 € de liquidación e 23.920,66 € de canon de auga Galicia).

3. Contra as liquidacións incorporadas ao Padrón, tódolos interesados poderán interpor RECURSO DE REPOSICIÓN ante esta Alcaldía, segundo o disposto no artigo 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, no prazo DUN MES contado desde o día seguinte ó remate da exposición ó público do Padrón. A interposición do recurso non suspende a eficacia das liquidacións correspondentes, agás que se solicite a suspensión e se presente garantía nos termos establecidos no apartado i) do precepto anteriormente mencionado. O recurso entenderase desestimado se non se resolve expresamente no prazo dun mes desde a súa interposición. Contra a desestimación do recurso poderase interpor RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO ante órgano competente da xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co disposto nos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses desde a notificación da resolución expresa ou de seis meses desde que se produza a desestimación presunta, tal como establece o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contecioso-administrativa. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se estime conveniente. Así mesmo, a repercusión do canon de auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo de un mes desde que se entenda producida a notificación.

4. Que se poñan ó cobro os recibos correspondentes a tales liquidacións. O período voluntario de cobro será de dous meses desde o día seguinte á publicación no Boletín do citado edicto. O pago farase efectivo na oficina de Viaqua, sita en Ctra. Coruña, 6, Bergondo. Tamén existe a posibilidade de domiciliar o pago das liquidación en entidades financeiras. Transcorrido este prazo iniciarase o período executivo e a débeda resultante esixirase polo procedemento de prema e devengaranse os correspondentes xuros do período executivo, os xuros de demora e, no seu caso, as costas que se produzan. Así mesmo, a falta de pago no período voluntario sinalado suporá a esixencia do canon da auga directamente ó contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.


Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal