concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

20 de Febreiro, 2019

Apertura do prazo para o ingreso na escola infantil municipal, curso 2019-2020

 

Con data de 12 de febreiro de 2019, ditouse a Resolución da alcaldía núm. 207/2019, pola que se resolve, entre outros, o seguinte:

PRIMEIRO.- Establecer como prazo de presentación das solicitudes de renovación de praza na Escola Infantil Municipal para o curso 2019/2020 desde o día 18 ao 28 de febreiro de 2019, ambos inclusive.

SEGUNDO.- Abrir o prazo para solicitar praza de novo ingreso para o curso 2019/2020 na Escola Infantil Municipal de 0-3 anos que será do 1 ao 31 de marzo de 2019.

TERCEIRO.- A documentación que deberán presentar as familias interesadas en solicitar praza de novo ingreso é a que figura no artigo 14 do Regulamento de Funcionamento e Organización da Escola Infantil Municipal, publicado no BOP nº 125 do 3 de xullo de 2012


As solicitudes presentaranse preferentemente por vía telemática, a través da sede electrónica municipal. Neste caso, cubrirase a Solicitude Xeral e xuntarase o impreso de solicitude específico desta concovatoria como anexo, xunto cos demáis documentos solicitados.

As solicitudes presenciais (Oficina de rexistro do concello de Bergondo ou noutras oficinas que estean integradas no Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR), presentarán só o modelo de solicitude específico desta convocatoria e os anexos que nese modelo se solicitan.

 

(O seguinte modelo de solicitude pódese encher no propio pdf. Pode ser que primeiro se necesite descargar).

Arquivos:
solicitude_Escola_Infantil_Municipal_Bergondo.pdf

Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal