concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

05 de Xuño, 2018

Accións para a xuventude bergondesa

Servizo de Educación da Concellería de Cultura, Ensino e Deporte

 


ACCIÓN 1: MOBILIDADE EUROPEA E XUVENTUDE (UE)

Gustaríache ter unha experiencia inesquecible noutro país? Ofrecémosche a oportunidade de participar nun proxecto, de Mobilidade Transnacional Xuvenil, con prácticas laborais formativas en empresas ou entidades, curso de idiomas, actividades culturais e deportivas, noutro país da Unión Europea. 

Se es un/unha mozo/a entre os 18 e os 30 anos, amas viaxar, descubrir novas culturas, novos lugares e ter unha experiencia de vida inesquecible, contáctanos para acceder a miles de proxectos. A que esperas?

Dispoñerás gratuitamente dun titor, billete de ida e volta, aloxamento, manutención, transporte, formación lingüística, seguro médico, diñeiro de peto...

Así a Estratexia Europa 2020, iniciativa “Xuventude en movemento” enfócase en tres aspectos principais: educación e formación de calidade, integración efectiva no mercado laboral e mobilidade.


ACCIÓN 2: XORNADAS COA XUVENTUDE DE BERGONDO

Proporcionamos, a todos os mozos e mozas do Concello de Bergondo,  asesoramento sobre os recursos e os programas nos seguintes ámbitos: 

Programas Iniciativa Xove e Erasmus +

Voluntariado xuvenil e ambiental

Galeuropa e outros programas de mobilidade xuvenil

Servizo Quérote +

Carné Xove e outros carnés destinados á mocidade,..., entre outros


ACCIÓN 3: INFORMACIÓN, ASESORAMENTO E ORIENTACIÓN EDUCATIVA

Probas libres para obter títulos académicos 

Probas de acceso á FP

Oferta educativa de FP: ordinaria, adultos, a distancia e FP Dual

Acceso ás universidades galegas +25, +40 e +45 anos e UNED 

Itinerarios formativos e profesionais :

Acreditación de competencias profesionias; a posibilidade de obter certificados de profesionalidade oficiais, se tes experiencia profesional ou formación

Probas de selección de persoal: psicotécnicos, cuestionarios de personalidade, entrevista, currículo vitae, certificados de empresa...

Estadías no estranxeiro  

Idiomas 

Cursos Aula Mentor 

Bolsas, axudas, premios...                                        


Contacto e comunicacións:

Jesús Seijas Barquero 

Tlfno. 981 791 252  Ext. 4 - educacion@bergondo.gal

Servizo de Educación - Casa da Cultura, Estrada da Coruña,12  15165 - BERGONDO

 


Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal