03 de June, 2022
O Concello de Bergondo, continuando coa redacción do Plan de Mobilidade Sostible, comeza unha nova fase do proceso de participación do mesmo no que se realizarán reunións cos principais axentes chave do concello para coñecer as súas opinións e aportacións ao Plan. Ademáis, ampliouse o prazo de participación na enquisa online ata o 15 de xuño. Non dubides en participar!
Ligazón: www.plandemobilidade.com/bergondo
Unha vez rematado o prazo de participación na enquisa online, na mesma páxina web, difundiranse os principais resultados acadados. Se o desexa tamén pode enviar as súas suxestións ao correo bergondo@plandemobilidade.com
Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33