17 de November, 2022
O Concello de Bergondo elixíu como a opción máis viable dentro do proceso de orzamentos participativos para 2023 a mellora da iluminación e diversos arranxos na contorna do centro social de Vixoi ‘Luisa Viqueira Landa’, presentada por Juan Carlos Lamas Carro en representación da Asociación de Veciños de Vixoi.
A proposta, que se incorporará na partida de equipamentos do orzamento municipal para 2023, foi seleccionada entre as 52 opcións presentadas. Ademais, outra das ideas presentadas, a creación dunha senda en Santa Marta, xa estaba prevista na folla de roteiro para 2023 e, por tanto, tamén se executará.
Ademais, as mellores propostas levan premio, en forma de bonos para gastar no comercio local. Así, a persoa que presentou a proposta elixida leva un vale de 100 euros e as seguintes 15 mellores, que están publicadas na páxina web municipal (www.bergondo.gal) un de 20 euros cada unha. A maiores, a idea de creación dunha senda en Santa Marta, tamén recibirá un bono de 20 euros.
Entre as presentadas atópanse ideas que o goberno local considera interesantes pero que non se adaptaban a este proceso ou que se terán en conta para incluílas noutros paquetes de investimento ou en solicitudes de subvención a outras administracións como: creación dunha escola de música e un local multiusos, instalación de resaltos en Aldea Moruxo, apertura e xestión da Casa da Xuventude, creación dun espazo para lecer xuvenil, elementos de seguridade na contorna do parque de Fiobre, ou melloras para o escenario da Senra.
Consulta a listaxe dás propostas escollidas
Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33