concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

27 de April, 2022

LIBRO TRES TARDES DE SOL NO INVERNO

TRES TARDES DE SOL NO INVERNO

Tres tardes de febreiro de 2022, aínda coas tebras da pandemia sobre nós, algunhas persoas voluntarias dos Servizos Sociais Municipais de Bergondo, xuntámonos para falar das palabras que nos axudan a compartir, dos versos que non sabemos que sabemos escribir, da poesía que levamos dentro. A razón de unha hora por día, durante tres mércores solleiros de inverno, aproveitando as grandes posibilidades da ferramenta do Proxecto Bergondo en liña, puxémonos á tarefa de descubrírmonos a voz poética e de esculcar na relación entre a poesía e o audio-visual, tan accesible hoxe a través dos medios que podemos ter a man. A poesía, o son e a imaxe... Un convite á participación das persoas no seu tempo e no seu lugar,ou oco no universo das cousas que pasan rápido para deterse e contemplar a marabilla da vida, que se agranda e se expande cando se suman ollos con que mirala.

O resultado, a partir de tres pautas previas para encetar o xogo (poucos versos, tempo presente e un elemento da natureza entre as palabras escollidas) é, para min, devota lectora de poemas, tan sorprendente como agardado: pensamentos pequenos que conteñen unha chea de cousas grandes da observación e da experiencia, imaxes e sons que, nun instante, contan algo da nosa maneira de estar no mundo, un delicioso feixe de versos, en fin, que naceron en Bergondo en tres tardes de inverno. Falan de nós e son para compartir. Como todo o que paga a pena.

Flor Maceiras

Arquivos:
LIBRO--TRES-TARDES--PANT.pdf

Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legalPolítica de privacidad

/hosting/bergondo.gal/www/typo3/sysext/cms/tslib/index_ts.php