concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

18 de Setembro, 2020

Información sobre a xestión de biomasa na parroquia de Ouces

Contratos con Seaga





O concello de Bergondo adheriuse ao Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga, en materia de prevención e defensa contra incendios forestais.


1.- POR QUE SO SE PROPÓN O CONVENIO COS PARTICULARES NA PARROQUIA DE OUCES?
A Xunta seleccionou esta parroquia de entre as 9 de Bergondo en base a datos estatísticos de incendios ou conatos nos últimos anos. Sen ser o problema dos incendios forestais algo frecuente en Bergondo (afortunadamente) é Ouces a parroquia que presenta unha maior frecuencia nos últimos tempos.

2.- A CANTA SUPERFICIE BENEFICIA A SUBSCRIPCIÓN DO CONVENIO?
A 34,96 hectáreas de Ouces, en parcelas situadas en parte ou na súa totalidade nas coñecidas como faixas secundarias de protección.

3.- QUE SON AS FAIXAS SECUNDARIAS?
Son franxas de terreo agrícola ou forestal en torno aos núcleos de poboación que deben ter perfectamente xestionada a sua biomasa. Como mínimo unha vez ao ano, sempre antes do 31 de maio. Dita xestión implica a eliminación nesas faixas de 50 metros de especies coma silvas, toxos, xestas, eucaliptos, piñeiros ou acacias.
Nota importante: A xestión da biomasa nas faixas secundarias de protección e unha obriga d@s propietari@ en calquera parroquia do concello, con posibilidade de convenio con Seaga ou sen esa posibilidade.

4.- É OBRIGARTORIO ADHERIRSE AO CONVENIO?
Non, a adhesión é voluntaria

5.- CANTO CUSTA ANUALMENTE?
A tarifa anual está fixada en 350 euros/ha. Ou o que é o mesmo; 35 euros/1.000 m2

6.- COMO ME ADHIRO AO CONVENIO?
Os propietarios recibirán unha carta con unha proposta onde se recollen as parcelas da súa propiedade subsceptibles de entrar totalmente ou en parte no convenio con Seaga. O que terán que facer e cubrir os datos que se lle requiran no mesmo, asinalo e ingresar na conta bancaria que se especifica a cantidade anual fixada para a sua parcela ou parcelas. Unha vez feito isto deberá entregar o documento (con xustificante de pago bancario mecanizado no documento ou grapado á folla principal) no departamento de Medio Ambiente do Concello de Bergondo. Posteriormente recibirán no seu domicilio copia asinada polo responsable de Seaga.

7.- CAL É A DURACIÓN?
A duración do contrato é anual. Pasado o ano poderase renovar, coas mesmas condicións que as iniciais.

8.- QUE SUCEDE SE NA MIÑA PARCELA HAI ARBORADO MADEIRABLE DAS ESPECIES PROHIBIDAS NAS FAIXAS SECUNDARIAS?
Se Seaga detecta madeira aproveitable na miña parcela preguntarame que quero facer con ela. Teño dúas opcións, ceder esa madeira a Seaga, sen contraprestación de ningún tipo ou ben encargarme eu da súa venda, máis para iso estarei obrigado a presentar como xustificante un contrato de compraventa cunha empresa madeirista e comprometerme formalmente a que a retirada da madeira de especies prohibidas nas faixas secundarias (eucaliptos, piñeiros...) se realice no prazo que respecte escrupulosamente o que a lei estipula como obriga anual (antes do 31 de maio de cada ano).

9.- PODO TER UNHA PARCELA CON PARTE AFECTADA POLA FAIXA SECUNDARIA E PARTE QUE NON?
Si, pode suceder. Nese caso, o convenio alcanzará á parte incluída na faixa secundaria. Seaga non limpará o resto da parcela, nin poderei chegar a un acordo con eles de tipo extraconvenio. Isto mesmo, como cabe intuir, é de aplicación a fincas totalmente fóra do ámbito das faixas secundarias, aínda que estean situadas na parroquia de Ouces.


 

Arquivos:
XESTION_DE_BIOMASA_OUCES_01.png

Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal