concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

22 de Xuño, 2020

Información ao público. Cita previa



O Concello de Bergondo, a partir do día 1 de xuño, reanuda os servizos de atención presencial de atención ao público e rexistro. Coa finalidade de xestionar adecuadamente o fluxo de visitantes aos edificios municipais, establecerase, con carácter exclusivo, o uso do sistema de cita previa para toda a atención presencial nas seguintes condicións:


- Só se dará o servizo presencial de atención ao público ás persoas que concertasen previamente a súa cita.


- Os/as usuarios/as poderán solicitar a súa CITA PREVIA de xeito telefónico no telefóno 981 79 12 52, e de xeito telemático, a través da Sede electrónica municipal, as 24 horas ao día todos os días da semana, https://sede.bergondo.gal/opencms/gl/cita/index.html

- O horario de outorgamento de citas para atención ao público será de 9:00 a 14:30 horas, de luns a venres.


Recordarlle á veciñanza que para a presentación de calquera tipo de solicitudes de forma telemática pode acceder, sen limitación horaria, todos dos días do ano, á sede electrónica municipal https://sede.bergondo.gal/opencms/gl/

 

Arquivos:
Anuncio_cita_previa.pdf
Atencion_presencial_dende_1_de_xuno_2020.png

Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal