concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

11 de January, 2021

Cursos formativos de SOCORRISMO da Deputación Provincial (PEL)

A Deputación Provincial da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, impartirá os seguintes certificados de profesionalidade no Programa de Salvamento e Socorrismo Acuático:

-- AFDP0209 SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS_ 420 horas (340 formación teórica e 80 formación práctica)

-- AFDP0109 SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS_ 210 horas (130 formación teórica e 80 formación práctica)


A formación teórico- práctica realizarase no Centro de Formación de Cruz Vermella na cidade de A Coruña e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia. Primeiro desenvolverase a formación en espazos naturais con data de inicio prevista para mediados de febreiro e logo da tempada de praias, previsiblemente a finais de setembro, desenvolverase a formación en instalacións acuáticas.

Debido ás especiais características do curso e á necesidade de realizar probas físicas no caso de un número elevado de inscricións, só se admitirá un máximo de 6 inscricións por concello.


Para inscribirse, enviar un correo a: alberto.rilo@bergondo.gal

Xuntar formulario de inscrición (coa documentación requerida).

PRAZO: ata o 5 de febreiro ás 13 horas.

 

Máis información: Teléfono: 981 79 12 52, ext. 3 (Alberto Rilo)

Arquivos:
Formulario_Inscripcion_SOCORRISMO.doc
Check_List_Documentacion_Solicitude_SOCORRISMO.doc
PEL_SOCORRISMO_ACUATICO_PROGRAMA.odt
SOCORRISMO_REQUISITOS_ALUMNADO_PROCESO_SELECCION_DIFUSION.docx
cartel_socorrismo.jpg

Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal