concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

18 de April, 2022

CONCURSOS LETRAS GALEGAS 2022

Florencio Delgado Gurriarán

XXIII CERTAME LITERARIO “BERGONDO NUN CONTO”

1. Hai tres categorías:

a.      Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria.

b.     2º e 3º ciclo de Primaria.

c.      Secundaria e adultos.

2. Versará sobre a seguinte temática: “A igualdade e o respecto”

  1. Os traballos presentaranse en formato DIN A4, formato narrativo ou poesía, a man ou mecanografados.

 

XVI CONCURSO DE MARCA-PÁXINAS

1.      Hai catro categorías:

a.       Educación Infantil.

b.     Educación Primaria (1º, 2º e 3º).

c.      Educación Primaria (4º, 5º e 6º).

d.     Educación Secundaria e adultos.

2.      Deberá gardar relación co Día das Letras Galegas ou co autor homenaxeado: Florencio Delgado Gurriarán.

3.      O marca-páxinas pode presentarse en diferentes formatos.

a.       Altura: mín. 10 cm./ máx. 20 cm.

b.     Anchura: mín. 4,5 cm./máx. 8 cm.

c.      Marxe mínimo en todo o marca-páxinas de 0,5 cm.

4.      Pódense realizar a man ou ordenador, preferiblemente en cartolina.

 

I CONCURSO DE VÍDEO

1.      Cunha única categoría.

2.      Lendo, recitando ou dramatizando algún texto de Florencio Delgado Gurriarán, ou de creación propia en galego.

3.      Neste caso haberá que acompañar a solicitude de participación, onde se concede ao concello de Bergondo o permiso para o uso das imaxes.

 

BASES COMÚNS DO CONCURSOS

1.     A participación supón a total aceptación das bases.

2.     Presentaranse con todos os datos na parte posterior: categoría, nome, enderezo e teléfono. Excepto no concurso de vídeo, que haberá que acompañalo coa solicitude de participación correspondente.

3.     Poderá participar calquera persoa maior de 3 anos empadroada no concello de Bergondo ou que curse os seus estudos no C.R.A de Bergondo, no C.P.I Cruz de Sar, no CPAP de Bergondo ou no CFEA de Guísamo.

4.     Os traballos deben estar escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados.

5.     A entrega realizarase na Casa de Cultura ou na Senra, sendo a data límite de entrega o mércores 4 de maio de 2022.

6.     Todos os traballos dos concursos poderán expoñerse no edificio cultural A Senra durante o mes de maio, coincidindo coa festividade das Letras Galegas.

7.     O concello poderá elaborar unha montaxe con todos os traballos presentados aos concursos e empregalo como material divulgador polas Letras Galegas nas redes sociais do concello.

8.     Despois da entrega de premios todos os contos encadernaranse e estarán na aula de lectura da Senra a disposición de todos/as os/as usuarios/as.

9.     O xurado estará formado por 3 empregados públicos designados polo concello

10. O fallo: a deliberación do xurado será en segredo, e delas estenderase a acta correspondente. O xurado emitirá os fallos nun máximo de cinco días hábiles a partir da data límite de entrega dos traballos.

11. O xurado poderá declarar deserto calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados.

12. Os/as gañadores/as de cada categoría recibirán un bono por importe de 100€ para empregar en calquera dos establecementos participantes na campaña “En Bergondo, mellor”. O acto de entrega dos bonos será comunicado a cada participante.

13. Cada participante non poderá obter mais dun premio.

14. A organización resérvase o dereito a publicar os traballos premiados. Neste senso os/as autores/as renuncian a calquera tipo de remuneración económica.

15. O xurado está facultado para tomar a decisión que considere oportuna ante a aparición dalgún imprevisto non recollido expresamente nestas bases, a participación conleva a aceptación de todas elas.

Arquivos:
Solicitude_participacion__01.pdf
Solicitude_participacion_.odt
2022_0000002038.pdf
CONCURSOS_LETRAS_GALEGAS_2022.pdf

Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legalPolítica de privacidad

/hosting/bergondo.gal/www/typo3/sysext/cms/tslib/index_ts.php