concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

13 de April, 2022

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS verán 2022 -Deputación da Coruña

A Excma. Deputación da Coruña concedeu ao Concello de Bergondo 5 prazas do programa Campamentos deportivos verán 2022, na 1.º quenda, a cal transcorre desde o día 26 de xuño ao 1 de xullo de 2022.

A estancia e manutención será no I.E.S. Rosalía Mera, onde os nenos/as desfrutarán dunha ampla variedade de actividades.

Os aspectos a ter en conta destas actividades son os seguintes:

- PRAZO DE PREINSCRICIÓN:ata 20 de maio de 2022, entregando a ficha de preinscrición por rexistro de entrada ou por sede electrónica do Concello de Bergondo.

- DESTINATARIOS: rapaces/as nados entre o día 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2013.

- COTA: 85 € (oitenta e cinco euros) como cota de participación.

- No caso de recibir máis solicitudes que prazas concedidas, farase un sorteo público (con listaxe de reserva) onde terán prioridade:

-  Os/as empadroados/as no Concello de Bergondo.

- Os/as rapaces/zas que non participasen no campamento deportivo da Deputación da Coruña en edicións anteriores.

Para calquera dúbida ou aclaración que precise, pode poñerse en contacto co Servizo de Cultura e Deportes do Concello de Bergondo, no tlf: 981 791 252, extensión 7.  A información que se vaia engadindo á actividade incorporarase na páxina web de deportes:

www.dacoruna.es/deportes/campamentos de veran

 

Arquivos:
00_CARTEL_Campamentos_deportivos_Deputacion_2022.pdf
01_TRIPTICO_Campamento-Deportivo-Veran-2022.pdf
02_Carta_rapaces_zas_empadroados.pdf

Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legalPolítica de privacidad

/hosting/bergondo.gal/www/typo3/sysext/cms/tslib/index_ts.php