04 de January, 2021
Os Reis Magos chegan mañá, martes 5 de xaneiro, a Bergondo. Será unha Cabalgata diferente pola situación sanitaria, sen caramelos e cun percorrido máis amplo para evitar aglomeracións.
Consulta os horarios e percorrido na imaxe que achegamos e en Google Maps (enlace abaixo).
As Súas Maxestades tratarán de pasar por todos os núcleos, pero hai casos que non é posible polas dimensións da rede viaria.
IMPORTANTE:
-- Non crear aglomeracións. Vive a chegada dos Reis con distancia de seguridade
-- Uso en todo momento de máscara de seguridade
-- Retirar os vehículos estacionados no percorrido para evitar obstáculos.
Ademais, poderase seguir a info en directo da Cabalgata na nosa conta de Twitter:
Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33