concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

04 de July, 2022

BAÑO DE BOSQUE NO XARDÍN DO PAZO DE LÓNGORA

baño de bosque ou Shinrin-yoku é unha invitación a parar, a experimentar a natureza de verdade, a permitir que nos penetre a través dos sentidos, e beneficiarnos do seu poder restaurativo da mente, do corpo e do espírito. Trátase simplemente de ESTAR na natureza, de conectar con ela a través dos sentidos, un paseo sen destino algún, entregándonos sen expectativas e permitíndonos empaparnos de todos os agasallos que o bosque ten para nós.

Con este obxectivo, o Centro de Documentación Ambiental do CEIDA organiza o vindeiro 7 de xullo unha actividade de baño de bosque no xardín do Pazo de Lóngora (Liáns, Oleiros), actual sede do centro, guiada por  Rosalía Santori, especialista en experiencias de benestar interior e autora do libro  7 herbas máxicas  (Hércules de Edicións). As persoas asistentes poderán ademáis coñecer os fondos bibliográficos que esta biblioteca verde dispón vinculados a esta arte xaponesa.

A actividade terá lugar ás 19 h. cunha duración aproximada de hora e media. As prazas son limitadas.

Máis información e reserva de prazas en: www.ceida.org/gl/novidades/bano-de-bosque-no-xardin-do-pazo-de-longora

Arquivos:
image001.jpg

Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legalPolítica de privacidad

/hosting/bergondo.gal/www/typo3/sysext/cms/tslib/index_ts.php