concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

10 de March, 2021

Axudas PEL 2021 da Deputación Provincial da Coruña

A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ven de convocar as axudas PEL 2021 coas seguintes liñas:

·   LIÑA PEL EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para contribuir á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables

·    LIÑA PEL AUTONOM@S: Axudas ao fomento do emprendemento e ao traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña

·    LIÑA PEL PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.

·    LIÑA PEL PEMES MANTEMENTO: Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.

As bases das axudas PEL 2021 poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 37 de 25.02.2021 ou premendo na seguinte ligazón:

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/02/25/2021_0000001405.pdf


ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DENDE O 11 DE MARZO ATA O 15 DE ABRIL DE 2021 ÁS 14:00 HORAS.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da aplicación SUBTeL, que se pode atopar na páxina web da Deputación da Coruña (www.dacoruna.gal)

Na web https://emprego.dacoruna.gal/ pode consultar a información actualizada do Plan de Emprego Local así como o documento preguntas frecuentes referido ás bases.


Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legalPolítica de privacidad