concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

12 de Agosto, 2020

Axudas para a escolarización de menores do Concello de Bergondo

Aberto o prazo para solicitar as Axudas para a escolarización de menores do Concello de Bergondo.

Xa está aberto o prazo para solicitar as Axudas para a escolarización de menores do Concello de Bergondo.

As solicitudes segundo o modelo oficial que figura como Anexo I presentaranse preferentemente de xeito telemático a través da Sede electrónica municipal.

Para a vía presencial requírese cita previa chamando ao Rexistro municipal no 981791252 en horario de 09,00 a 14,30h ou a través do enderezo electrónico cita.previa@bergondo.gal

Neste caso é necesario cubrir o modelo de solicitude, imprimilo e xuntar a documentación requirida.

Prazo

Do 13 de agosto ao 3 de setembro, ambos os dous incluídos

Documentación

1 -Modelo de solicitude – anexo I

2 -Fotocopia do D.N.I. do membro da familia que solicite en nome do/da alumno/a.

3 -Fotocopia do Libro de Familia

4 -Fotocopia da Declaración da Renda das Persoas Físicas correspondente o exercicio 2018 dos pais.

Máis información

No departamento de Servizos Sociais (teléfono 981 791 252 Ext.3) ou no seguinte enderezo de correo electrónico servizos.sociais@bergondo.gal

Arquivos:
Anexo_I.pdf
CONVOCATORIA__AxUDAS_ESCOLARIZACION_MENORES.pdf

Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal