concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Trámites (online / presenciais)

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

Neste apartado figuran unha serie de trámites ou procedementos administrativos, comúns na administración local. Tamén están dispoñibles algúns modelos de documentos que poden estar asociados a trámites concretos.

Todos eles se presentan agrupados por categorías, e dentro delas, cada procedemento ofrece a opción de descargar un modelo de instancia, de acceder ó trámite electrónico, nos casos en que esté operativo, así como obter máis información sobre o trámite, ben na propia sede electrónica ou no apartado correspondente dentro desta páxina web.

A categoría denominada "xerais", inclúe trámites ou modelos de documentos que serven para varios trámites.

Lembrade que a Sede electrónica e o Rexistro electrónico común abre 24 horas ó día, 365 día ó ano. Para poder iniciar un trámite telemático é necesario dispoñer dun DNI electrónico ou Certificado electrónico (expedido pola Fábrica Nacional de Moneda y Timbre).

Podes descargar na parte da dereita (abaixo) un gráfico de como realizar trámites no concello de Bergondo.

Canles de comunicación do concello de Bergondo cos usuarios/interesados

Ademais da canle tradicional (correo postal), dende outubro de 2017, o concello de Bergondo pode enviar notificacións, comunicacións, requerimentos, etc. vía telemática. 

 

O concello de Bergondo está adherido á plataforma de notificacións electrónicas da Xunta de Galicia: Notifica.gal

Para que o usuario destinatario poida recibir nesta plataforma as comunicacións do concello, ten que cumplir estes requisitos:

- Estar en disposición dun certificado electrónico.

- Estar dado de alta en Notifica.gal

- Elexir a opción da canle telemática cando se presenta a solicitude por rexistro, outorgando permiso ó concello para que lle de de alta nesa plataforma no seu lugar.

Hai algúns usuarios que están obrigados por lei a relacionarse electrónicamente coas administracións públicas. Consulta no pdf  (á dereita da páxina) cales son estes colectivos.


Para máis información:

- Acceder a Notifica.gal

- Descargar os tutoriais informativos na parte dereita desta páxina.

 

 

 

 




Rexistro Xeral e Auxiliares

(Urbanismo, Casa de Cultura, Servizos Sociais)

L-V: 9:00 - 14:45 h.

Sábados: pechado

Rexistro Telemático (Sede electrónica e Rexistro electrónico común)

 Aberto 24 h/día, 365/ano

981 79 12 52, ext. 9 (Rexistro Xeral)

Información

Oficinas municipais

L-V: 9:00 - 14:45 h.

Sábados: pechado






Ayuntamiento de Bergondo - Carretera A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal