concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Inicio » #O Concello » Pleno

Pleno

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

O Pleno é o máximo órgano de goberno municipal e de representación da cidadanía.

Nas sesións plenarias reúnese toda a Corporación para discutir e votar os asuntos máis importantes que afectan ó municipio: orzamentos anuais, proxectos que se van levar a cabo, normas que rexirán o funcionamento do concello, etc.

 

As sesións están asistidas pola Secretaria e Interventora municipais.

O Pleno está presidido pola Alcaldesa, que é a que establece a Orde do Día, cos asuntos que se van tratar en cada sesión. Tamén é a que dirixe as sesións, dando a palabra e controlando os tempos. A Presidenta pode delegar estas funcións nun concelleiro.

Os membros da oposición exercen un importante papel de control ó Goberno Municipal, ofrecendo alternativas políticas nos diferentes asuntos de interese municipal.

As sesións do Pleno son públicas. Dende esta páxina pódense descargar as actas correspondentes ás sesións celebradas así como informarse puntualmente das convocatorias.


Podes ver dende as retransmisións en directo das sesións plenarias, así como as gravacións das sesións dende o 28 de xullo de 2016.



Casa do Concello

Primeira planta (Salón de Plenos)

Último xoves de cada mes, agás no mes de agosto, que non se celebra.

No mes de decembro a sesión se celebra o xoves anterior á semana do Nadal.

Se o día de celebración fose festivo, a sesión terá lugar o día hábil anterior.

As sesións ordinarias celébranse ás 20:30 h.


A partir da sesión do 28 de xullo de 2016, os Plenos son retransmitidos en directo.

Acceso ás gravacións a través da nosa canle de Youtube.

 


Art. 70 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, (redacción segundo a Lei 57/2003)



Ayuntamiento de Bergondo - Carretera A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal