concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

13 de mayo, 2020

Reapertura do Mercado de Horta

 

O Concello de Bergondo, no seu interese en dinamizar e fomentar a economía no seu territorio e favorecer o autoemprego dos seus emprendedores no eido agrario, puxo en funcionamento, hai anos, o mercado de horta, consistente na reunión de expositores-vendedores interesados en ofrecer ao público productos da horta da comarca de Bergondo.


Este mercado, lamentablemente, tivo que suspenderse por mor da pandemia orixinada polo Covid-19.


Despois da favorable evolución sanitaria da crise, queremos comunicar a reapertura, o 15 de maio, da celebración semanal do Mercado de Horta.


O mercado desenvolverase todos os luns en Guísamo (a carón de Centro Médico) e tódolos venres en Bergondo (a carón do Edificio de Servizos Sociais). O horario será de mañá, entre as 9:00 e as 13:00 horas.


As mercadorías obxecto de venda serán: verduras, legumes, froita, sementes, ovos, mel, queixo, flor e productos elaborados caseiros dos anteriores.

O Concello de Bergondo garantizará o cumprimento de todas as medidas sanitarias esixidas pola legalidade vixente

Ficheros:
fegampmercadosbergondo_page-0001.jpg

Ayuntamiento de Bergondo - Carretera A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal