concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

12 de junio, 2019

Préstamo de libros de texto curso escolar 2019-2020



O Concello de Bergondo pon en marcha, outro ano máis, este programa co obxectivo de colaborar coas familias do municipio no esforzo económico que o comezo do curso ocasiona.



Criterios 
-    Será de aplicación nos seguintes cursos:
--- 3º,4º, 5º e 6º de primaria.

--- 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.


-    O/s libro/s serán propiedade do concello de forma que, ao remate do curso escolar (en xuño ou setembro, segundo o caso) deberán entregarse, dentro dos prazos sinalados, na Casa da Cultura.



Prazo de presentación de solicitudes
-    Do 20 ao 26 de xuño (ambos inclusive).
-    O 9 e 10 de setembro para os que no prazo anterior descoñezan se pasan de curso.



Documentación 
-    Modelo de solicitude que se presentará a través do rexistro xeral ou por vía electrónica.
-    Será requisito imprescindible facer entrega, na CASA DA CULTURA, dos libros de préstamo DO CONCELLO (do actual curso escolar 2018-2019). Poderedes distinguilos pola etiqueta (ver imaxe abaixo)

-    Excepción: o alumnado que pase de curso pero, ao que lle quede/n a/s materia/s do/s libro/s de préstamo que teñen, do actual curso 2018-2019, pendente/s para setembro. Nestes casos poderán quedar co/s libro/s, pero deben facelo constar no momento da solicitude e entregalos ata o 10 de setembro, como máximo.




Prazo de entrega do/s libro/s:
O prazo de recollida do/s libro/s para o vindeiro curso 2019/2020 realizarase no CPI:
-    PRIMARIA: 5 e 6 de setembro.
-    SECUNDARIA: 13 e 16 de setembro.




Máis información: 981.791.252 (ext.4) / cultura.deportes@bergondo.gal

 

Ficheros:
BOP_3_DE_XUNO.pdf
etiqueta.JPG
Solicitude_prestamo_libros_texto_curso_2019-20.pdf

Ayuntamiento de Bergondo - Carretera A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal