concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

06 de septiembre, 2019

Cuidadanas: apoio integral a coidadoras

 


As actividades de prevención e o apoio ás persoas coidadoras pretenden aliviar o estrés, o illamento e a sobrecarga emocional que a miúdo van asociados ao traballo dos coidados, proporcionando ás mulleres coidadoras ou familiares recursos de información, apoio emocional, formación e a participación social, evitando desta forma unha situación de desestruturación familiar . Entre os meses de outubro, novembro e decembro 2019 realizaranse os seguintes obradoiros impartidos por persoal especializado:


- Días 8, 15 e 22 de outubro: Saúde e autocoidado “Quen coida de min”.
- Día 29 de outubro: Relacións afectivas “As cousas do querer ”.
- Días 5 e 12 de novembro: Corresponsabilidade “Coidar e ser coidado”.
- Días 19 e 26 de novembro: Comunicación “Mellorando as miñas habilidades sociais”.
- Día 3 de decembro: Historia do feminismo “As mulleres da nosa vida”.
 
Lugar e horario: martes de 10.30 a 12.30 na Casa da Cultura do Concello.

 

+ info: 981 79 12 52, ext. 3 - servizos.sociais@bergondo.gal

 

Ficheros:
Cuidadanas_Bergondo.jpg

Ayuntamiento de Bergondo - Carretera A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal