concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

25 de marzo, 2020

COMUNICADO OFICIAL DO CONCELLO SOBRE SUSPENSIÓN E PECHE TEMPORAL DE ACTIVIDADES E CENTROS


Ante a situación excepcional que está a acontecer a nivel global debido á pandemia do coronavirus, COVID-19; despóis da entrada en vigor do estado de alarma no noso país (actualmente prorrogado); e co fin cumprir coas medidas acordadas polo Estado co fin de minimizar o seu avance,

o concello de Bergondo fai o seguinte comunicado, que estará vixente a partir do venres, 13 de marzo e ata novo aviso:


- Suspéndense as actividades culturais, deportivas, educativas e de servizos sociais, así como as actividades organizadas polas asociacións nos espazos municipais.

- Péchanse os Centros socioculturais, biblioteca, pavillón de Guísamo e A Senra, así como os centros educativos do municipio (a partir do luns 16 de marzo en todos os niveis educativos).

- Segundo informan reponsables da Igrexa en Bergondo, suspéndense, tamén ata novo aviso, todas as celebracións relixiosas.




O concello, a través da súa páxina web e redes sociais (Facebook, Twitter, Whatsapp e Bergondo Participa), manterá informada á cidadanía sobre calquera cambio nestas suspensións ou peches temporais.

Para máis información:
Telf: 981 79 12 52, ext. 9
correo@bergondo.gal
ou a través das redes sociais Facebook e Twitter

Ficheros:
COMUNICADO_CONCELLO_BERGONDO_COVID19.pdf

Ayuntamiento de Bergondo - Carretera A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal