concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

20 de junio, 2019

Campaña Liberdade de ser e sentir!

 

Máis de trinta e cinco concellos participan na campaña provincial “Liberdade de Ser e Sentir!”


Con motivo do 28 de xuño “día da diversidade sexual”, desde a área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade da Deputación da  Coruña impúlsase a campaña Liberdade de ser e sentir!, para sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas independentemente da  súa  orientación sexual e identidade de xénero.

A Campaña circulará polas redes co cancelo #seresentir apostando, segundo a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, por “unha campaña que estará presente en 39 concellos da provincia e coa que buscamos a complicidade, a colaboración e o aproveitamento da mesma por parte dos distintos concellos para chegar a canta máis poboación mellor”.

A imaxe escollida para esta edición está baseada nunha estética graffiti como elemento reivindicativo por excelencia, sinónimo de liberdade e libre pensamento, conceptos moi vinculados coa Campaña. O lema “liberdade de ser e sentir!” quere ser un  berro  para reivindicar  o dereito á liberdade sexual e á tolerancia das persoas.

Este ano formarán parte da mesma un total 39 concellos da provincia da Coruña: AMES,   ARTEIXO, ARZÚA, A POBRA DO CARAMIÑAL, AS SOMOZAS, BERGONDO, BETANZOS, CAMBRE, CARBALLO, CARIÑO, CEDEIRA, CERCEDA, CERDIDO, COIRÓS, CORCUBIÓN, CULLEREDO, FENE, FISTERRA, LAXE, LOUSAME, MOECHE, NARÓN, NOIA, OUTES, OZA-CESURAS, PADERNE, PONTEDEUME, PORTO DO SON, RIANXO, ROIS, SAN SADURNIÑO, SOBRADO, TEO, TOQUES, TORDOIA, TRAZO, VAL DO DUBRA, VILARMAIOR e VIMIANZO.
 


Contémplanse dentro da campaña a posta en marcha de accións dirixidas a xerar na sociedade,  especialmente na mocidade, valores como a tolerancia e a igualdade das persoas gais, lesbianas, bisexuais, transexuais, queer e intersexuais, co fin de naturalizar e sensibilizar á sociedade sobre  as diversidades sexuais e visibilizar á comunidade LGTBQI+. Tal e como mencionou Goretti Sanmartín “insistindo con esta campaña sobre os dereitos conquistados ao longo de décadas de traballo, dereitos que poden  perderse moi rapidamente, polo  que precisamos estar todos os días      na rúa, e amparando desde as institucións a permanencia de dereitos básicos e dos principios de liberdade”.

No marco desta campaña, os días 26 e 27 de xuño desenvolveranse diferentes actividades na cidade da Coruña. Por unha banda, 2 performances a cargo do colectivo Somos Lag. A primeira delas realizarase ás 18.00 horas fronte ao antigo Cine París e a segunda será as 19:00 horas nos xardíns existentes fronte a Autoridade Portuaria. Por outra banda, o 27 de xuño ás 20:00 horas  haberá un concerto do grupo The Tetas’ Van no Hall do Teatro Colón.

Na presentación aproveitouse para dar a coñecer a web seresentir.gal e o spot promocional da campaña que transmite, a través do skate, liberdade e libre  pensamento, conceptos vinculados con este deporte que perseguen sensibilizar e reflexionar sobre as diversidades sexuais e os estereotipos sociais.

Para máis información: www.seresentir.gal

 

Ficheros:
simula_DIPTICO_seresentir_A5_partefrontal_nonimprimir.jpg
simula_DIPTICO_seresentir_A5_partetraseira_nonimprimir.jpg

Ayuntamiento de Bergondo - Carretera A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal