concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

21 de enero, 2019

Axudas AGADER 2019

 

Agader publicará o 28 de xaneiro, a través do DOG, unha nova  convocatoria de axudas dirixidas á “Ampliación e modernización de todo tipo de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias”, dentro da medida 6.4 “Investimentos en actividades non agrarias” do PDR de Galicia 2014-2020. 

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes dende a data da publicación.

A convocatoria será moi similar a publicada no ano 2018 (http://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda/empresas-non-agricolas). A principal diferencia é que terá carácter anual.

A concesión de axudas será en concorrencia competitiva e os promotores en ningún caso poderán ter iniciados os investimentos antes da data da solicitude de axuda.


Beneficiarios:

1. As microempresas e pequenas empresas ubicadas en zona rural

2. Persoas físicas que residan nunha zona rural. 

3. Titulares e/ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.


Proxectos Subvencionables:

a) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

b)Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 60.000 €.  

c) Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos

d) Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade,  granxas-escola...).

e) Actividades de ocio, recreativas e deportivas.

f) Artesanía e actividades artesanais.

g) Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.

h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.

i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.


Gastos Subvencionables

Con carácter xeral, serán subvencionables:

Con carácter xeral, será subvencionable a compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.

 

Gastos Non subvencionables:

a) Unidades de investimento cuxa base impoñible sexa igual ou inferior a 1000€

b) Material funxible en xeral.

c) Envases e embalaxes, aínda cando sexan reutilizables.

d) A reposición ou simple substitución de equipamento e maquinaria, salvo que a nova adquisición corresponda a equipamentos ou maquinaria distintos dos anteriores, ben pola tecnoloxía utilizada ou polo seu rendemento ou eficiencia ambiental, que deberá xustificarse na memoria-resumo do proxecto (anexo III). 

e) Equipos de calefacción, climatización e ventilación, así como as instalacións que comporten.

f) Traídas e acometidas de servizos.

g) Adquisición de maquinaria, equipamento e materiais de segunda man.

h) Adquisición de maquinaria e equipamento destinada ao aluguer.

i) Equipos informáticos de oficina e licenzas informáticas en sistemas operativos e aplicacións de ofimática.   

j) Deseño e/ou actualización de páxinas web.

k) A compra de vehículos de transporte exterior, así como a compra de vehículos especiais agrícolas e de obras, e a súa adecuación. 

l) Mobiliario, instalacións, útiles e ferramentas.

m) Investimentos non axustados no seu dimensionamento e capacidade ás actividades que vai a desenvolver a empresa a curto prazo, ou ben dun importe unitario superior ao básico do mercado para unidades ou elementos de igual capacidade.

n) Investimentos non relacionados directamente coas actividades desenvolvidas polo solicitante.

o) Os gastos de aluguer de instalacións e equipos, nin os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing).

p) A man de obra propia e os materiais de igual procedencia. 

q) As taxas por licenzas administrativas.

r) O imposto de valor engadido (IVE) e calquera outro imposto, agás que non sexa recuperable pola persoa beneficiaria.

s) Os gastos financeiros producidos como consecuencia do investimento.

t) Os xuros debedores.

u) Os conceptos do orzamento sen desagregar tales como “outros”.

v) Os investimentos realizados con carácter previo á presentación da solicitude da axuda.


Importe da Axuda: 45% dos gastos subvencionables


 

Para calquera dúbida os promotores poden pórse en contacto con Agader a través do enderezo electrónico: infoagader@xunta.gal

ou nos teléfonos: 981547382 - 981547369 - 981542690

 

 

 

Ficheros:
Axudas_empresas_rural_19.pdf

Ayuntamiento de Bergondo - Carretera A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal