concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

06 de febrero, 2020

Aviso sobre o Servizo de Pediatría no concello de Bergondo

O Concello de Bergondo contactou con Consellería de Sanidade para interesarse polo servizo de pediatría no municipio, que non funciona desde o pasado 27 de xaneiro ao atoparse o seu titular de baixa, e pedir as medidas correspondentes. Atención Primaria confirmou que a solución se implantará no centro de saúde de Sada, de forma exclusiva para os usuarios dos centros de Bergondo e Guísamo.

Este servizo de pediatría funcionará o venres, 7 de febreiro, en horario de 15.30 a 18.30 horas. Para a semana do 10 ó 14 de febreiro estará habilitado o luns, mércores e xoves neste mesmo horario. Ademais, Atención Primaria trasladou que os bergondeses contan a maiores co soporte da PAC de Sada.

As citas tramitaranse chamando aos propios centros de saúde de Bergondo e Guísamo.

O Concello de Bergondo entende que se trata dunha medida provisional ante a situación inesperada e confía en que Sanidade cubra ao 100% o servizo de pediatría no municipio.


Ayuntamiento de Bergondo - Carretera A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal