concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

07 de noviembre, 2019

Bergondo, Abegondo e Carral poñen en marcha un servizo conxunto de atención temperá

Os  Concellos de Bergondo, Abegondo e Carral suman forzas coa posta en marcha dun novo servizo de benestar social para os seus veciños. Trátase dun servizo de atención temperá que se leva a cabo grazas á subvención obtida da Xunta de Galicia.

O servizo diríxese a pequenos e pequenas de 0 a 6 anos de idade. O seu obxectivo é atender posibles trastornos de desenvolvemento e detectar posibles casos con risco de padecelos. A súa finalidade é traballar no desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

A atención é rotatoria nos tres municipios, e para iso cóntase cun equipo interdisciplinar formado por un psicólogo e  psicopedagogo, un mestre en educación especial e estimulador, e unha logopeda.

Superado o período que abarca a subvención, de 14.996,25 euros, (de setembro e outubro), o tres concellos optaron pola súa continuidade.

Nestes meses iniciais o servizo centrouse na valoración inicial de menores e tamén na execución de diferentes obradoiros dirixidos aos nenos/as e ás familias.

 

Ficheros:
atenciontemperabergondo.JPG

Ayuntamiento de Bergondo - Carretera A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal