concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

06 de noviembre, 2020

StandUP: Planta cara ao acoso na rúa con Fundación Mujeres, Hollaback! e L' Oréal



 

Un proxecto de L' Oréal en colaboración con Hollaback! e Fundación Mujeres, que será a encargada de formar a 10.000 persoas en España mediante talleres presenciais e en streaming sobre como actuar ante unha situación de acoso na rúa.

 

StandUP contra o acoso na rúa, unha iniciativa internacional de L' Oréal en colaboración con Hollaback! coa que se pretende chegar a un millón de persoas en todo o mundo en dous anos. En España, Fundación Mujeres, será a encargada de chegar a 10.000 persoas con formacións presenciais e en streaming, centradas na metodoloxía das 5 Ds:

 

·         Distraer,

·         Delegar,

·         Documentar,

·         Dirixirse ao acosador e

·         Dar asistencia

 

Unha metodoloxía creada por Hollaback! coa que promover a intervención das persoas que presencian situacións de acoso na rúa xa que, a súa acción como testemuña é fundamental para desactivar situacións e facer que os espazos públicos sexan máis seguros.

 

Ao mesmo tempo, a formación tamén persegue o empoderamento das mulleres, ofrecendo estratexias coas que facer fronte a estas situacións. En palabras da Directora de Fundación Mujeres, Marisa Soleto, “desde a nosa Fundación sabemos que podemos plantar cara ao acoso na rúa para que os espazos públicos sexan seguros para nenas e mulleres. O proxecto StandUP que nos propón L' Oréal é unha oportunidade de concretar este compromiso social a través dunha colaboración empresa-ong, que nos permitirá chegar a miles de persoas”

 

A idea deste proxecto parte do estudo realizado por L' Oréal xunto a IPSOS sobre o acoso sexual en espazos públicos en Canada, Francia, India, Italia, México, España, Reino Unido, EEUU, que arroxa datos tan siginificativos como que o 82% das mulleres sufriron acoso na rúa. Só o 25% das persoas acosadas din que alguén as axudou e un 78% declarou que esa intervención mellorou a situación.

 

Desde Fundación Mujeres levarán a cabo estas accións formativas no período 2020-2022 desde todos os territorios nos que a Fundación ten presenza: Andalucía, Comunidade de Madrid, Castela-A Mancha, Galicia, Estremadura e Asturias, tanto en modalidade presencial como online.

 

Con motivo das disitintas inciativas de conmemoración do Día Internacional para a eliminación da Violencia sobre a Muller que se realizan durante o mes de novembro, terá lugar este obradoiro online o próximo día 3 DE DECEMEBRO ÁS 11.00 HORAS, aberto a todos os públicos. As prazas son limitadas e para participar é necesario inscribirse a través deste formulario.

 

PINCHA AQUI

 

Para máis información, contacta co Departamento de Servizos Sociais do Concello de Bergondo no 981.791252 ext. 3

 

Únete ao movemento StandUP, planta cara ao acoso na rúa!

Ficheros:
cartel_Bergondo_logo.jpg

Ayuntamiento de Bergondo - Carretera A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal