11 de February, 2021
Trátase dun proxecto de Fundación MUJERES e financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
Este servizo está dirixido a mellorar a saúde e a calidade de vida das mulleres coidadoras non profesionais no ámbito familiar mediante a prestación dun servizo de apoio integral.
Este servizo, totalmente gratuíto, comprende actuacións como asesoramento e apoio individual, espazos de participación e talleres formativos.
Descarga o programa para o vindeiro mes de marzo no que as actividades se realizarán a través da plataforma Google Meet.
Apúntate chamando ao 981 29 40 97 (extensión 6001) ou manda un whatsapp ao 651 78 52 11
Data límite de inscrición o venres 5 de marzo!!
Anímate e participa!!
Ayuntamiento de Bergondo - Carretera A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33