concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

06 de April, 2021

Oferta de actividades para as mulleres coidadoras non profesionais no ámbito familiar.

Oferta das actividades en modalidade online que se levarán a cabo entre o 13 de abril e o 8 de xuño de 2021 no marco do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
As actividades van dirixidas a mellorar a saúde e a calidade de vida das mulleres coidadoras non profesionais no ámbito familiar.

A oferta é a seguinte (ver a programación adxunta):

-       Taller de Saúde e Autocoidado. Martes 13 e 20 de abril (De 10:30-12:30h).

 -       Taller de Xestión Emocional . Martes 27 de abril e 4 de maio (De 10:30-12:30h).

-       Taller de Xestión do tempo. Martes 11 de maio (De 10:30-12:30h).

 -       Taller de Escoita activa. Martes 18 e 25 de maio (De 10:30-12:30h).

-       Taller de Confianza e Seguridade nas Redes Martes 1 e 8 de xuño (De 10:30-12:30h)

As mulleres coidadoras interesadas en participar nestas actividades, terán que cubrir un formulario de pre-inscrición a través deste enlace:


http://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdveuR5wXWoLIyEYHY3hDm9slYb9c9p17hcCHEZoqmrEfd5Gw/viewform



As actividades son de balde, non implican ningún custe para as participantes.

 As prazas son limitadas.

 A data límite de inscrición é o 9 de abril.

Confirmaremos a praza por correo electrónico ou teléfono en función do que indiquen no formulario de pre-inscripción.

Se queres consultar algunha dúbida, podes chamar ao 981 294 097 ou escribir un correo electrónico a saicgalicia@fundacionmujeres.es

 

Ficheros:
cartel_RRSS_abril-maio.jpg
programacion_actividades_abril-mayo.pdf

Ayuntamiento de Bergondo - Carretera A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legalPolítica de privacidad