concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

10 de February, 2021

Entroido choqueiro 2021 en Bergondo

 

Ligazóns para os CONCURSOS DE DISFRACES:

- Individual infantil ( ata 12 anos) bit.ly/3qsOPAM
 
- Individual adulto (+12 anos): bit.ly/3jQZJ12
 
- Familia: bit.ly/3jVhJHH
 
- Negocio ou establecemento: bit.ly/3qhqbTU
 
Ademais, tamén temos o concurso da máscara de #Bergondo, que ten que estar relacionada co #entroidogalego (por exemplo: peliqueiros de Laza, cigarróns de Verín, pantallas de Xinzo de Limia, boteiros de Viana do Bolo, etc.): bit.ly/2Oxg8vY


 

BASES DO CONCURSO “ENTROIDO CHOQUEIRO 2021”

Poderá participar calquera persoa empadroada no concello de Bergondo que cumpra o establecido nas bases (descargar abaixo en pdf)

 

Haberá dúas (2) temáticas diferentes:

 

- CONCURSO DE DISFRACES de temática choqueira; entendendo por choqueiro aquela persoa que para disfrazarse usa a súa propia imaxinación, empregando roupa, atavíos convencionais, accesorios, máscaras, etc. para resultar estrafalario, sen empregar traxes comerciais.

Haberá catro (4) categorías:

            O negocio ou establecemento.

            A familia.

            Individual adulto.

            Individual infantil ( ata 12 anos).

 

- CONCURSO “A MÁSCARA DE BERGONDO”: A máscara ten que estar relacionada co entroido galego (por exemplo: peliqueiros de Laza, cigarróns de Verín, pantallas de Xinzo de Limia, boteiros de Viana do Bolo, etc.)

 

Unha mesma persoa poderá participar en calquera dos concursos. No caso do concurso de disfraces, pódese participar en diferentes categorías sempre que non se repita disfrace.

 

    Os/as gañadores/as recibirán vales polos seguintes importes:

        O negocio ou establecemento: 200€.

        A familia: 150€.

        Individual adulto: 100€.

        Individual infantil ( ata 12 anos): 100€.

        Máscara de Bergondo: 100€.

 

Os vales serán para canxear en calquera dos establecementos adheridos á campaña “En Bergondo mellor”.

 

Ademais, os cinco (5) primeiros/as participantes de cada concurso e categoría recibirán un vale de 20€.

 

    Non se pode acumular máis dun vale. Sempre se recibirá o de maior importe.

 

Para poder participar no concurso será necesario acceder á aplicación que se creará especificamente para este evento.
(accesible dende o facebook e a web do concello de bergondo- bergondo.gal)

Importante: a plataforma do concurso na páxina de Facebook do Concello de Bergondo habilitarase o 13 de febreiro ás 10.00 h.


 e :

        Cubrir os datos e os permisos necesarios na aplicación .

Neste sentido, os/as participantes dan o seu consentimento expreso para:

            A publicación da fotografía.

            A cesión dos datos á ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE BERGONDO, que se encargará de xestionar os vales gañadores.

 

No caso dos grupais (negocio, establecemento, familia) enténdese que a autorización é realizada por todo o grupo.

 

        Subir unha (1) fotografía co disfrace/s e/ou máscara. Deberá ter unha boa calidade de resolución.

 

    O prazo de participación estará aberto ata o día 21 de febreiro ás 22:00 horas . As recibidas fóra deste prazo non poderán participar no concurso.

 

    Poderanse rexeitar aquelas fotografías que non conten cunha axeitada calidade de resolución e non se admitirán as que poidan ferir a sensibilidade das persoas ou que sexan contrarias á Lei.

 

    Os participantes deben comprobar que a súa foto foi subida á rede social. Se por algún motivo a fotografía non fose subida, poderá reclamarse no correo electrónico cultura.deportes@bergondo.gal ata o día 23 de febreiro ás 14:00 horas.

 

    Unha vez recibidas, as fotografías iranse subindo ás redes sociais do concello a través da aplicación Easypromos, integrada na rede social Facebook do concello de Bergondo.

 

    Dende o mércores 24 de febreiro ata o 1 de marzo ás 12:00 horas cada unha das fotografías presentadas poderán recibir os votos. A fotografía de cada categoría que mais votos será a gañadora. En caso de empate habilitarase un sorteo dende a propia plataforma.

 

    Os vales deberán gastarse en calquera dos establecementos adheridos á campaña “En Bergondo mellor” ata o 15 de outubro, data na que caducarán.

 

    O vale correspondente ao Premio individual infantil será entregado á persoa que figure como representante na inscrición do concurso.

 

    No caso de ser necesario o concello poderá solicitar aos gañadores a documentación que estime pertinente.

 

    A participación no concurso conleva a aceptación das bases da convocatoria.



 

Ficheros:
CARTEL_ENTROIDO.pdf
CARTEL_ENTROIDO.jpg
bases_concurso_Entroido_Choqueiro_2021_Bergondo.pdf

Ayuntamiento de Bergondo - Carretera A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal