concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

05 de junio, 2020

Bergondo en aberto. Memoria colectiva dun cambio

 

Vídeo dispoñible!

Moitas grazas a tódolos participantes!!

Noticia difundida na TVG

Bergondo en aberto é un documental de creación colectiva realizado con vídeos gravados pola veciñanza de Bergondo desde o confinamento, cos seus teléfonos móbiles.


O documental pretende ser un testemuño das actividades que desenvolvemos nos nosos fogares, e dos cambios que temos previstos para cando volvamos á normalidade. O proxecto busca tamén coñecer as expectativas que temos as xentes de Bergondo para retomar e mellorar as nosas vidas.


Participando no proxecto tes a oportunidade de mandar unha mensaxe de ánimo para o futuro. Crearemos un documental que formará parte da memoria deste cambio en Bergondo.


Hai moitas cousas que podes compartir co teu vídeo:
    • Cóntanos que aprendiches, en que melloraches, que estás a perfeccionar?
    • De que tes ganas cando se poda saír da casa? Estar na natureza? Facer deporte ao aire libre? Pasear? Ir a restaurantes? Ir ao cine? Estar cos amigos e amigas?
    • Que botaches mais de menos? A quen botaches de menos? Que non botaches de menos?
    • Que se che fixo máis difícil no confinamento?
    • Como cres que cambiará na túa vida despois de esta situación?
    • Que che gustaría que cambiase na nosa sociedade despois de esta situación?
    • Como animarías á túa veciñanza para que non se preocupen polo futuro próximo?
    • Que hábitos cambiaredes despois da corentena.
    • Que será o primeiro que fagas ao saír



 
+ info: 981 79 12 52, ext. 3 - serezabel.rodriguez@bergondo.gal

 


Ayuntamiento de Bergondo - Carretera A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal