Inicio » #Descubre Bergondo » Bergondo en feminino
Bergondo en feminino é un proxecto impulsado pola Concellería de Servizos Sociais para a sensibilización en materia de igualdade de xénero. Inicia o seu percorrido no ano 2019, no que a través dun proceso de investigación participativa en colaboración co grupo de voluntariado municipal, asociacións locais e veciños e veciñas referentes da comunidade, se rescataron os nomes de mulleres importantes para a historia deste territorio. Persoas que destacaron polo seu compromiso co ben común, a sororidade e a valetía para rachar cos estereotipos de xénero. Figuras que a pesar da súa importancia quedaron invisibilizadas e coas que Bergondo quere facer un exericio de reparación e xustiza social.
No ano 2020 renomeáronse 7 equipamentos municipais e 1 equipamento máis no ano 2021 cos nomes das mulleres homenaxeadas. Estes foron:
Centro Social de Fiobre, Filomena Dato Muruais.
Centro Social de Guísamo, Mª de los Dolores Miramontes Matos.
Casa da Mocidade Jacinta Landa Vaz.
Centro Social de Lubre, María Fernández Sánchez “Maruxa do Chelo”.
Salón de actos da Casa da Cultura, Mercedes Núñez Targa.
Centro Social de Vixoi, Luísa Viqueira Landa.
Centro Social de Santa Marta de Babío, Xabiela Fraga Sánchez.
Centro Social de Santa Marta de Ouces Antonia Pato Pardo
O mapa virtual interactivo está formado por pequenas pezas audiovisuais de curta duración, centradas cada unha dela na vida e valores das mulleres investigadas ao abeiro deste programa, e que permiten descubrir tamén os lugares e o patrimonio do municipio. Inspiradas no modelo de audioguías dos museos, estes vídeos buscan acompañar o roteiro autónomo das persoas interesadas en percorrer o concello e achegarse a estas figuras.
Vídeoguías Bergondo en feminino: Mapa interactivo
Descargar (375.4 kb)
Introdución | |
Luisa Viqueira Landa | |
Mercedes Núñez Targa | |
Xabiela Fraga Sánchez | |
María Miramontes Matos | |
María Fernández Sánchez | |
María Antonia Calviño | |
Inés de Ribadeneira | |
Jacinta Landa Vaz | |
Filomena Dato Muruais | |
Antonia Pato Pardo: https://www.youtube.com/watch?v=fz8srOmJPeo
María Vázquez López: https://www.youtube.com/watch?v=sjBmBn9tTug
Natividad Martínez de Pan: https://www.youtube.com/watch?v=NZw0Dx2YkjI
Indalecia Juana Pérez Mesa: https://www.youtube.com/watch?v=kn7VR7zFHDc |
Bergondo en feminino: camiños de igualdade
Descargar (2.27 mb)
Bergondo en feminino: camiños da igualdade
Descargar (811.8 kb)
Ayuntamiento de Bergondo - Carretera A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33