concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Inicio » #Áreas y Servicios » Servicios sociais

Servicios sociais

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

Que son os servizos sociais?

Os servizos sociais son un conxunto coordinado de prestacións e programas destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e a participación social de toda a población bergondesa.

Desde os servizos sociais traballamos activamente coa intención de mellorar as condicións de vida, corrixir desigualdades e apoiar a aquelas persoas en situación de exclusión social ou en risco de padecelo. Ademais desde esta área promovemos de forma continuada diferentes iniciativas e actividades co obxectivo de previr posibles situacións de risco e educar no valor da igualdade.

Obxectivos

Levamos a cabo intervencións que permitan:

Facilitar alternativas, recursos e itinerarios de integración social a aquelas persoas que se atopan en situación ou risco de exclusión social.

Garantir a autonomía persoal das persoas en situación de dependencia.

Previr situacións de dependencia, exclusión, desigualdade e desprotección.

Proporcionar oportunidades e recursos que garantan a igualdade e posibiliten a conciliación familiar.

Favorecer a integración dunha perspectiva intercultural de convivencia e a socialización normalizada de inmigrantes, emigrantes retornados e minorías étnicas.

Promover e dinamizar a participación comunitaria.

 Eliminar a discriminación selectiva e a exclusión social.

Sensibilizar, informar e promover valores de solidariedade e integración.

 

 

Traballamos con 3 grupos de Programas e Servizos: básicos, específicos e consorciados (Consorcio As Mariñas).

 

Os Básicos comprenden:

 

A valoración, orientación e  información social.

Información, orientación e asesoramento individual, familiar e grupal sobre os dereitos e recursos sociais existentes.

Xestión, tramitación e/ou derivación de prestacións económicas e recursos sociais.

 

O Programa de promoción da autonomía persoal e social: Servizo de Axuda no Fogar.

O SAF ofrece un conxunto de atencións a persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu medio habitual.

 

O Servizo de Educación e Apoio familiar.

É un servizo de apoio educativo, psicolóxico e social dirixido as familias coa finalidade de promover a calidade de vida e o benestar dos membros que a integran. Este servizo está integrado por tres proxectos diferenciados: Atención e intervención familiar, Medidas económicas de apoio ás familas, e Dinamización familiar e comunitaria.

 

O Programa de Fomento da cooperación e da solidariedade social.

Fomento da solidariedade entre os membros da comunidade local e a acción voluntaria na área social. Este programa estructúrase en tres proxectos diferenciados: Voluntariado Social, Sensibilización social, e Cooperación e apoio do tecido asociativo.

Podes ampliar información aquí.

 

Os Específicos comprenden:

 

  O Proxecto de prevención e dinamización social das persoas maiores: "Envellecemento Activo"

Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), o envellecemento activo pretende mellorar a calidade de vida das persoas a medida que envellecen, favorecendo as súas oportunidades de desenvolvemento para unha vida saudable, participativa e segura. O envellecemento activo implica entender esta etapa da vida como un ciclo máis de crecemento persoal, engadindo "vida a os anos e non soamente anos á vida".

 

  O Proxecto de lecer dirixido a persoas con diversidade funcional: “Universo Diverso”.

 

  A Escola infantil Municipal, na súa etapa de 0 a 3 anos.

 

  O Proxecto de desenvolvemento do Pobo Xitano.

Este programa está enfocado á prevención e á atención da comunidade xitana en risco de exclusión mediante equipos de inclusión sociolaboral e proxectos específicos.

 

Os consorciados ou propios do Consorcio As Mariñas comprenden:

 

O Gabinete de inserción sociolaboral.

 

A Asesoría xurídica.

 

  O Servizo de mediación na vivenda.

 

Podes ampliar a información sobre os servicios consorciados aquí





Estrada da Coruña, 12

981 79 12 52, ext. 4

Contacto:

Información xeral

Traballadora Social (Amparo Iglesias)

Traballladora Social (Mónica Mourín)

Técnica de Apoio Social (Marisa Vázquez)

Técnica de Integración Social (Serezabel Rodríguez)

Dependencia orgánica: Benestar Social










Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Consellería de Política Social

Consorcio As Mariñas

Ayuntamiento de Bergondo - Carretera A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legalPolítica de privacidad

  • Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información. Consellería de Innovacin e Industria. Xunta de Galicia
  • Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
  • Plan Avanza
  • Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
  • Deputacion da Coruña
myself, Côte de Geneve on the bridges and circular Côte de Geneve on the winding mass. The screws are heat-blued and the edges of the bridges are beveled and polished. That s what we may expect from a Haute Horlogerie manufacture like Girard-Perregaux and they have delivered accordingly. The movement is fitted with two parallel barrels with a power reserve indicator using a rack system. At 12 oclock, Colt breitling knockoff , We offer top swiss AAA Omega cartier wholesale watches online , and much later they invented Spring Drive. Since both are equipped with a quartz crystal.
/hosting/bergondo.gal/www/typo3/sysext/cms/tslib/index_ts.php