Inicio » #Áreas y Servicios » Arquivo municipal
O arquivo municipal de Bergondo está constituído polo conxunto organizado de documentos producidos e recibidos polo concello no exercicio das súas competencias.
O arquivo está en fase de inventariación dos seus fondos (aproximadamente o 70% está inventariado, e desta porcentaxe parte está catalogado).
Para este traballo tense como referencia as seguintes publicacións:
Archivos municipales: propuesta de cuadro de clasificación de fondos de ayuntamientos. Mesa de Trabajo sobre Organización de Archivos Municipales, Madrid, ANABAD [etc.], 1996. | |
Actas das XVIII Jornadas de Archivos Municipales de Madrid: "Pilares de la e-administración: Cuadro de Clasificación y Tesauro". SS de los Reyes, 27-28 de mayo de 2010. |
O fondo documental abrangue documentos dende o ano 1836, ano da súa constitución, ata a actualidade. No apartado de "documentación dixitalizada" iranse publicando documentos na medida que sexa posible.
Os Libros de actas do Pleno municipal están dixitalizados (datas extremas: 1836-2010), e poden consultarse online a través da web de Galiciana, arquivo dixital de Galicia
O arquivo municipal de Bergondo presta servizo tanto á xestión administrativa como á información, investigación e á cultura:
Atención de consultas preferentemente por correo electrónico. Tamén de forma presencial ou por teléfono.
Asesoramento sobre a utilización dos fondos documentais.
Consulta e/ou reproducción de documentos orixinais na oficina do arquivo, sempre que as circunstancias e lexislación vixente na materia o permitan.
Planta soto da Casa Consistorial | |
981 79 12 52, ext. 7 | |
Arquivo | |
Dependencia orgánica:Secretaría |
Cadro de clasificación do Arquivo municipal de Bergondo (non está completo) | |
Lei 7/2014, de 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia | |
Decreto 15/2016 de 14 de xaneiro. Consello de Avaliación Documental de Galicia | |
Arquivos de Galicia | |
Archivos (web estatal) | |
Anabad | |
Agencia Española de Protección de Datos |
Ayuntamiento de Bergondo - Carretera A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33