Inicio » #Descubre Bergondo » Patrimonio cultural » Ponte do Pedrido
Obra pública construída entre os anos 1939 e 1942, sobre a ría de Betanzos.
As obras para conectar mediante unha ponte ámbalas dúas beiras da ría comezaron a finais da década de 1920. Por diversas circunstancias, entre elas o estalido da Guerra Civil española, as obras foron interrumpidas. Ata entón cruzábase a ría nunha barcaza, cas limitacións de mercancía que se podía transportar de cada vez, ou tamén bordeábase a ría pasando pola vila de Betanzos, cunha perda considerable de tempo.
As obras retomáronse no ano 1939, seguindo o proxecto do enxeñeiro César Villalba Granda, se ben deixouno sen rematar. O gran arco central foi obra do prestixioso enxeñeiro Eduardo Torroja Miret, quen diseñou o proxecto de remate entre os anos 1940 e 1942. A execución das obras estivo a cargo da empresa Ricardo Barredo, S.A., e foron concluídas no ano 1943, constituíndo unha importante obra tanto polo maxistral emprego do formigón armado como pola mellora notable das comunicacións entre A Coruña e Ferrol, ata a construcción da ponte da autoestrada, AP-9, a mediados da década de 1990.
A ponte inaugurouse oficialmente o 15 de abril de 1943, e a noticia foi recollida nos medios de comunicación da época (xornais e o NO-DO).
Nos anos 2013-2014 leváronse a cabo unhas obras de acondicionamento das capas externas da ponte, xa que a estrutura en sí mantense en bo estado de conservación.
Para máis información, pódense consultar os documentos de interese que figuran á dereita desta páxina.
Inauguración da Ponte do Pedrido, o 15 de abril de 1943, recollida polo noticiario español NO-DO, emitido o 3 de maio de 1943.
Panel informativo: A Ponte do Pedrido (2015)
Descargar (613.23 kb)
"Puente del Pedrido sobre la ría de Betanzos" (Centro de Estudios Históricos de Obras Públicas y Urbanismo) | |
"El Pasaje del Pedrido" (Cronista de Betanzos) |
Fra Paleo, Urbano; Mosquera Camba, Xosé A.: "A Ponte do Pedrido: história dunha frustración", En: Anuario Brigantino, 1988
Descargar (1.93 mb)
Villalba Granda, César: "El Puente del Pedrido. En: Revista de Obras Públicas, 1943-1944
Descargar (3.9 mb)
Inauguración da Ponte do Pedrido (ABC, 18 de abril de 1943)
Descargar (470.81 kb)
Inauguración da Ponte do Pedrido (ABC, 16 de abril de 1943)
Descargar (484.28 kb)
Inauguración da Ponte do Pedrido (La Vanguardia, 16 de abril de 1943)
Descargar (7.91 mb)
Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33