concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Inicio » #Descubre Bergondo » Patrimonio cultural » Pazo do Casal

Pazo do Casal

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

Este pazo, de propiedade particular, está situado na parroquia de Santa Marta de Babío, moi preto da capela e centro sociocultural.

 

O edificio

Presenta unha estrutura arquitectónica sinxela. Ten tres plantas e unha galería ó estilo coruñés, sobre uns porches formados por arcos oxivais de estilo neogótico. O portón neoclásico así como os escudo familiar que se conserva na fachada son tamén elementos salientables.

 O xardín

A súa orixe remóntanse ó ano 1853 e conserva unha abundante e variada flora. Destacan especies arbóreas como unnha secuoia xigante (Secuoiadendrom giganteum), tamén chamada wellingtonia por ser o Duque de Wellington o primeiro que as trouxo dende California, de onde son orixinarias.

O fermoso exemplar que lóxicamente tamén se pode admirar dende o exterior do recinto do pazo, presenta unhas notables dimensións: 30,5 m de altura e un perímetro de 12,30 m na base do tronco, 9,60 m a media altura, acadando un diámetro de 23,80 m na copa. Estímase que ten ó redor de 150 anos, co cal pode considerarse ainda un exemplar xoven, pois esta especie pode vivir máis de 2.000 anos, superando  os 100 m de altura (son as especias máis altas do reino vexetal).

Pódense observar asimesmo unha sebe de buxos ananos recortados artísticamente de tal xeito que pode lerse "J.M.", iniciais que corresponden a José María Moscoso de Altamira, primeiro conde de Fontao.



Mapa de localización do Pazo do Casal


Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal