Inicio » #Descubre Bergondo » Patrimonio cultural » Pazo de Mariñán
O Pazo de Mariñán é coñecido tamén como Pazo de Láncara, Quinta de Bergondo, Pazo de Bergondo ou Casa de Láncara.
Breve historia
As orixes do pazo están nunha fortaleza militar mandada edificar no século XV por Gómez Pérez das Mariñas, que recibíu por concesión do rei de Castela, Juan II, o señorío vitalicio das Mariñas no século XV. Gómez Pérez casou con Teresa de Haro, pertencente a unha familia da nobreza vizcaína. Os sucesivos donos e señores do pazo emparentaron con diversas familias nobres galegas: os Ribadeneira, Lemos, Oca e Suárez de Deza; éstos últimos posuían a Casa de Láncara en Lugo, e deste modo foron fusionadas a Casa de Mariñán e Láncara.
Co paso dos séculos a primtiva fortaleza foise convertindo nunha construcción civil para uso residencial das familias da nobreza galega ás que pertenceu, ata chegar ó século XX, cando Gerardo Bermúdez de Castro e Suárez de Deza, coñecido como Gerardo Láncara, o non ter sucesión directa legou no ano 1936 o conxunto á Deputación da Coruña, que actualmente o ven dedicando a actividades socioculturais.
Do século XVIII (cando se construiron os suntuosos pazos galegos) datan as dúas escalinatas do Patio de Armas, e a que descende ós xardíns, adornadas con remates e esculturas labradas en granito.
Os xardíns de escola francesa están formados con mirtos recortados, debuxando complicados encaixes de precisas xeometrías. Destacan árbores de especies raras e exóticas, entre as que se atopa un pequeno bosque de eucaliptos, que foron dos primeiros en chegar a Galicia, da man do obispo de Nova Nursia (Australia), Frei Rosendo Salvado.
Hai fontes nas que se misturan elementos barrocos e neoclásicos de estilo compostelán.
Á dereita móstranse unha serie de enlaces a artigos e páxinas web con abundante e detallada información acerca deste inmmoble.
Horarios de visitas
Visita ós xardíns: - De 11:00 a 19:00 horas. Visita libre.
Visita ó interior: - De 11:00 a 18:00 h. Visitas guiadas cada 45 minutos; a derradeira é ás 17:00 h.
Prezo: Gratuito | |
Mariñán 15165 Bergondo Telf. atención a visitantes: 663 249 973 | |
Correo electrónico |
Goy Diz, Ana: "La imagen del poder señorial en el mundo rural en la época barroca: el Pazo de Láncara". Semata. Ciencias sociais e humanidades, vol. 9, Santiago de Compostela, 1998, pp. 449-470
Descargar (5.41 mb)
Durán Salgado, Miguel: "Los jardines del Pazo de Mariñán". Anuario Brigantino, 1949
Descargar (839.58 kb)
Decreto 2687/1972, de 5 de outubro, polo que se declara conxunto histórico-artístico o Pazo de Láncara ou Mariñán (A Coruña) cos seus parques e xardíns.
Descargar (72.7 kb)
O Pazo de Mariñán (Deputación provincial) | |
Proxecto de consolidación e reforma do portón de acceso á finca do Pazo de Mariñán (Arquivo de Galicia) | |
O Pazo de Mariñán (camelias.net) | |
Blog "Amigos de Mariñán", da SCD Palaestra | |
Vaamonde Lores, César: "Gómez Pérez das Mariñas y sus descendientes". Estudio publicado en varios boletíns da Real Academia Galega, entre os anos 1913 e 1917. |
Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33