Inicio » #Descubre Bergondo » Patrimonio cultural » Pazo de Armuño
O pazo de Armuño está situado na parroquia de Lubre, e data do século XVIII con reformas modernas. A torre, testemuña da súa orixe militar é o elemento máis antigo, ainda que está moi restaurada.
A esta casa atribúese o referido episodio do Peito Bordel.
Destacan algúns escudos orixinais anteriores á reforma do s. XVIII, pertencentes ás familias dos Figueroa, Bermúdez, Boado, que foron señores de Armuño. Tamén conserva calabozos antigos.
Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33