concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Inicio » #Concello » Normas e instruccións

Normas e instruccións

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

Potestade normativa das entidades locais

A Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, atribúe ós Concellos, no seu artigo 4.1.a), a potestade regulamentaria, é dicir, capacidade para desenvolver, dentro da esfera das súas competencias, o disposto nas leis estatais ou autonómicas. Como consecuencia desta potestade, os Concellos poden ditar disposicións de carácter xeral e de rango interior a lei, sen que, en ningún caso, estas disposicións poidan conter preceptos opostos ás leis.


Sen prexuizo dos Bandos da Alcaldía-Presidencia, a potestade regulamentaria dos Concellos materialízase a través das Ordenanzas (normas municipais con efectos sobre os cidadáns) e Regulamentos (normas internas, de autoorganización), aprobados polo Pleno municipal. Sen embargo trátase de termos que expresan unha mesma realidade xurídica: normas de natureza regulamentaria eleboradas polo Pleno dun Concello.


A aprobación das Ordenanzas e Regulamentos municipais, en xeral, axústase ó seguinte procedemento, que ven recollido no art. 49 da citada lei):

1. Aprobación inicial polo Pleno

2. Información pública e audiencia ós interesados polo prazo mínimo de 30 días para a presentación de reclamacións e suxestións (o anuncio exponse ó público no Taboleiro de Edictos do Concello e se publica no Boletín Oficial da Provincia).

3. Resolución de tódalas reclamacións e suxestións presentadas dentro do prazo e aprobación definitiva polo Pleno. No acordo inicial pódese establecer que, se non se presentan reclamacións, a Ordenanza ou Regulamento considerarase aprobado definitivamente de forma automática.

4. Publicación no Boletín Oficial da Provincia e Taboleiro de anuncios do Concello de Bergondo.

Este procemento ten algunhas modificacións para algúns tipos de Ordenanzas e Regulamentos municipais concretos, como son as Ordenanzas fiscais.

A entrada en vigor das Ordenanzas e Regulamentos municipais prodúcese, unha vez publicado o texto íntegro, cando teñan transcurrido 15 días contados dende a recepción pola Administración do Estado e das Comunidades Autónomas da comunicación do acordo municipal que debe remitirlles ó Concello. (art. 70.2 e 65.2 da Lei de Bases do Réxime Local).

 

Neste apartado pódense consultar as normas vixentes de alcance máis cercano ó municipio, que aparecen dividadas segundo o seu carácter: fiscal / non fiscal.

Cada norma está vinculada ó Boletín Oficial da Provincia onde foi publicada.

Algunha normativa está xestionada directamente pola Deputación Provincial. Para máis información consulta na seguinte páxina web (preme na imaxe):



Casa Consistorial.

Planta principal.

Intervención e Tesourería - Alcaldía

981 79 12 52

ext. 3 (alcaldía)

ext. 9 (Serv. económicos)

Intervención

Tesourería

Alcaldía




Código de Administración Electrónica

Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña

Diario Oficial de Galicia (DOG)

Boletín Oficial do Estado (BOE)

Códigos electrónicos do BOE

Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legalPolítica de privacidad

/hosting/bergondo.gal/www/typo3/sysext/cms/tslib/index_ts.php