Inicio » #Áreas e Servizos » Servicios sociais » Envellecemento activo
En Galicia as persoas maiores de 65 anos supoñen un 24,32 % da poboación total e de maneira máis local desde Bergondo representan o 27,22% da poboación (Fonte INE 2016). Ademais este é un concello moi disperso desde un punto de vista xeográfico e poboacional e cóntase cun escaso servizo de transporte público que dificulta a participación social das persoas maiores de moitas parroquias deste concello e, en definitiva, isto provoca moitas veces situacións de illamento social dos nosos maiores. A finalidade desde proxecto é a de proporcionar unha ferramenta que mellore a calidade de vida dos nosos maiores e a participación social a través de actividades de tipo preventivo e de lecer.
Co desenvolvemento destas actividades pretendemos acadar un bo grado de autonomía, integración e participación activa das persoas maiores dentro da comunidade bergondesa. Baseámonos nos principios de envellecemento activo que se define como “un proceso de optimización das oportunidades de saúde, participación e seguridade co fin de mellorar a calidade de vida a medida que as persoas envellecen”.
A intención é:
-- Previr o deterioro mental de persoas maiores a través de actividades preventivas.
-- Previr o deterioro físico a través de actividades físicas saudables.
-- Lograr a participación social a través de actividades de lecer que promovan espazos de encontro.
Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33