Inicio » #Áreas e Servizos » Participación social » Cooperación e Voluntariado » Cooperación Social
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
O Concello de Bergondo forma parte do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (FGCS). Trátase dunha organización que involucra ao goberno local de aproximadamente 100 concellos e ás catro Deputacións Provinciais, é dicir, máis dun 80% da poboación galega está representada non Fondo.
A entidade está configurada como un instrumento legal que permite desenvolver unha eficaz política de cooperación e de solidariedade da cidadanía dos concellos e provincias de Galicia cos pobos subdesenvolvidos, no marco do que se entende por unha cooperación descentralizada. É unha ferramenta que serve para xerar no medio social unha conciencia crítica acerca da situación estrutural de desigualdade e pobreza que caracteriza o complexo mundo actual.
As administracións locais son, debido á súa proximidade coa cidadanía, esenciais para construír unha forte rede de apoio para o desenvolvemento sostible. Unha rede que cremos que non pode existir sen un forte apoio dentro das nosas comunidades locais.
Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33