concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Colabora con Bergondo!

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

Actividades nas que precisamos a túa colaboración:

Programa de ocio e tempo libre para persoas con diversidade funcional. Programa destinado a ofrecer ás persoas con diversidade funcional un espazo de lecer individual e compartido en igualdade de condicións que o resto da comunidade, baseándonos nos principios de normalización, inclusión social e orientación individual.

Programa de ocio destinado a persoas maiores. Este programa está destinado a facilitar espazos e actividades de ocio, espallamento e tempo libre para o desenvolvemento e a adquisición de hábitos saudables favorecendo así un envellecemento activo.

Servizo de acompañamento no fogar. Este servizo pretende ser un espazo de comunicación e de relación entre a persoa beneficiaria (normalmente unha persoa maior) e a persoa voluntaria tratando de que sexa o mais satisfactorio posíbel para ámbalas dúas partes.

Accións de sensibilización social comunitaria. A través destas accións o que se pretende é difundir na sociedade actividades e temas de desenvolvemento e cooperación, tratando de xerar conciencia crítica e favorecer a mobilización social. Para isto, organízanse ao longo do ano diferentes actividades de sensibilización social coa intención de achegar estas preocupacións ao conxunto da sociedade, así como programas dirixidos a sectores específicos que inclúen a realización de actos, cursos, seminarios, conferencias, publicacións divulgativas, etc.

As accións voluntarias que se realizan no Concello de Bergondo, aparecen como unha instancia de colaboración social en materia de ben público e de fortalecemento da cidadanía, que aporta prácticas e valores relevantes para o estilo da sociedade en construcción, prácticas que se relacionan coa solidariedade, o interese e compromiso co outro, a capacidade de identificarse, conmoverse e actuar, e o compromiso e a responsabilidade social por un Bergondo máis xusto.



Servizos sociais (Estrada da Coruña, 12)

981 79 12 52, ext. 3

Cooperación e voluntariado







Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal