concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Inicio » #Áreas e Servizos » Participación social » Cooperación e Voluntariado

Cooperación e Voluntariado

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

Que é o Proxecto de voluntariado social?

O voluntariado social: Unha das formas de participación na sociedade é a través do voluntariado. Sobre todo daqueles asuntos que vaian a parar en beneficio da erradicación de situacións de discriminación. A participación social é un dereito das persoas e convértese nun recurso das administracións públicas para dar resposta ás necesidades da poboación. Na sociedade actual cada vez máis existe un sentimento de SOLIDARIEDADE por parte da cidadanía que se debe canalizar por parte da xestión política municipal como motor de arranque para a creación de redes de tecido asociativo e dinamización da acción voluntaria dentro do ámbito do local.

O voluntariado social nos servicios sociais: No Concello de Bergondo, o Departamento de Servizos Sociais conta cun proxecto de voluntariado social que comezou a súa andadura no ano 2002. Un dos seus obxectivos é o de potenciar a participación social da veciñanza, a través da creación de espazos para a realización de actividades e intercambio de experiencias, visibilizando e sensibilizando sobre o valor da solidariedade e o altruísmo.  

 

Como facerse voluntario/a?

Para participar no Proxecto de voluntariado social do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Bergondo, é suficiente con que sexas maior de idade. O máis importante é que queiras doar parte do teu tempo libre para colaborar con nós e que sexas unha persoa solidaria e comprometida coa sociedade. (No caso de ser menor de idade podes participar en programas e proxectos de voluntariado adaptados ás túas características, mediante unha autorización expresa dos teus pais, titores etc.)

Para ser unha persoa voluntaria tes que:

 Contactar con nós para concertar una entrevista.

A través da entrevista explicarémosche que facemos desde o voluntariado social no teu concello e en qué actividades podes participar.

Recibirás unha formación básica inicial na que che explicaremos máis detalladamente que é o proxecto de voluntariado social do Concello de Bergondo, cales son as súas actividades e como debe ser unha persoa voluntaria.


 



Servizos sociais (Estrada da Coruña, 12)

981 79 12 52, ext. 3

Cooperación e voluntariado







Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legalPolítica de privacidad

myself, Côte de Geneve on the bridges and circular Côte de Geneve on the winding mass. The screws are heat-blued and the edges of the bridges are beveled and polished. That s what we may expect from a Haute Horlogerie manufacture like Girard-Perregaux and they have delivered accordingly. The movement is fitted with two parallel barrels with a power reserve indicator using a rack system. At 12 oclock, Colt breitling knockoff , We offer top swiss AAA Omega cartier wholesale watches online , and much later they invented Spring Drive. Since both are equipped with a quartz crystal.
/hosting/bergondo.gal/www/typo3/sysext/cms/tslib/index_ts.php