Inicio » #Áreas e Servizos » Participación social » Consello Escolar Municipal
Os Consellos escorales son a garantía de que calquera persoa poda exercer o seu dereito de participar no sistema educativo sen máis requisito que a súa propia opción voluntaria e sempre que sexa elixido ou designado polo sector que representa.
Os Consellos escolares municipais, como instrumento de participación dentro do sistema escolar, pretenden contribuír á corrección de desigualdades socioculturais, a conseguir un ensino máis eficaz e de máis calidade, e a cohesionar o tecido escolar implicado comprometendo aos grupos e ás persoas coa súa participación e contribucións.
No Consello Escolar Municipal atoparase toda a comunidade educativa: mestres, alumnos, nais e pais, traballadores da administración e dos servizos educativos e profesionais de ámbitos diversos, e responsables políticos, entre outros.
Bergondo quere ser un Concello educador en todos os sentidos, que viva a educación como un referente básico para a formación da conciencia cívica. Un instrumento determinante para acadar estes obxectivos é o Consello Escolar Municipal de Bergondo, no que debe confluír toda a comunidade.
Casa da Cultura (detrás do Concello) | |
981 79 12 52, ext. 4 | |
Educación |
Regulamento do Consello Escolar Municipal de Bergondo
Descargar (1.72 mb)
Acta constitución do Consello Escolar Municipal de Bergondo (2010)
Descargar (25.73 kb)
Lei Orgánica 8/1985, de 3 de xullo, Reguladora do Dereito á Educación | |
Lei 3/1986, de 18 de decembro, dos Consellos Escolares de Galicia (DOG do 26 de decembro de 1986) | |
Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación | |
Decreto 44/1988, de 11 de febreiro, polo que se regulan o Consello Escolar de Galicia e os Consellos escolares territoriais e municipais |
Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33